Cambiar o modo de disparo
Quere facer fotos e vídeos de calidade sen ter que modificar os axustes para os
distintos ambientes? Ou quere crear os seus propios perfís de axustes para que se
adapten ás súas necesidades? Ou quizais prefira unha solución intermedia? Pode
cambiar facilmente o modo de disparo ao seu gusto.
Pode elixir entre tres modos de disparo:
—
Automático
— A cámara decide cales son os mellores axustes.
—
Escenas
— Seleccione entre axustes predefinidos para distintas condicións.
—
Creativo
— Os axustes establécense de xeito totalmente manual.
78
Cámara e fotos
Cambiar o modo de disparo
Seleccione e un modo de disparo. Se fora necesario, toque o lado dereito da
pantalla para saír dos axustes.