Compartir unha foto ou vídeo directamente desde a cámara
Desexa compartir as mellores fotos cos seus amigos? Cargue a foto ou o vídeo nun
servizo de redes sociais.
1 Para abrir a cámara, prema a tecla da cámara.
2 Despois de tomar unha foto ou gravar un vídeo, seleccione , prema a pantalla
para amosar a barra de ferramentas e seleccione
>
Compartir
.
Consello: Se xa iniciou sesión nun servizo de redes sociais, pode compartir
directamente nese servizo. Seleccione , prema a pantalla para amosar a barra
de ferramentas e seleccione a icona de servizo na barra de ferramentas de foto.
A primeira vez que comparta unha foto ou un vídeo, deberá iniciar sesión no
servizo de redes sociais. Só terá que iniciar sesión a primeira vez que comparta
algo.
3 Engada un comentario se o desexa e seleccione
Compartir
.
Non todos os servizos de redes sociais admiten todos os formatos de ficheiro ou
vídeos gravados en alta calidade.
Consello: Tamén pode compartir as súas fotos e vídeos con outro teléfono que
admita NFC. Para compartir despois de facer unha foto ou gravar un vídeo, toque o
outro teléfono coa área de NFC.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.