Consellos sobre as fotos
Para abrir a cámara, prema prolongadamente a tecla da cámara.
•
Utilice as dúas mans para evitar que a cámara se mova.
•
Se non usa a cámara durante un minuto, pasa ao modo de repouso. Para activar
a cámara, prema brevemente a tecla da cámara.
Para obter as mellores fotos do xeito que prefira, elixa un; a cámara ofrécelle tres
modos de disparo diferentes:
•
Se prefire que a cámara decida cales son os mellores axustes, use o modo
Automático. O único que ten que facer é apuntar e disparar.
•
O modo Escenas ofrécelle algunhas escenas predefinidas para distintas
situacións.
Exemplo: Modo paisaxe: para enfocar escenarios distantes. Modo de neve: para
contornos moi brancos. Modo de luz de foco: en concertos onde o artista se atopa
baixo focos de luz, fronte a un fondo escuro.
80
Cámara e fotos
•
O modo Creativo permítelle definir os axustes da cámara e gardar diferentes
perfís de axustes para usalos posteriormente.
Para cambiar o modo de disparo, seleccione . Se fora necesario, toque o lado
dereito da pantalla para saír dos axustes.