Tomar unha foto
Para abrir a cámara, prema a tecla da cámara.
O teléfono dispón dunha cámara de enfoque total. Coa cámara pode tomar fotos nas
que o primeiro plano e o fondo aparecen enfocados.
Prema a tecla da cámara. Non mova o teléfono antes de que se garde a foto e a cámara
estea preparada para unha nova foto.
As fotos gárdanse na Galería.
Ver o rolo da cámara
O rolo da cámara amosa as fotos que tomou recentemente. Para abrir a o rolo da
cámara, seleccione . Para ver a foto ou o vídeo anterior, pase o dedo cara á dereita.
Cámara e fotos
79
Ampliar ou reducir unha imaxe ao tomar unha foto
Para ampliar, coloque un dedo na pantalla e arrástreo cara arriba. Cando a pantalla
inclúa a área que desexa ampliar, levante o dedo. Para reducir, coloque un dedo na
pantalla e arrástreo cara abaixo.
Tamén pode usar as teclas de volume para ampliar ou reducir; pode que con este
método lle resulte máis doado cambiar o nivel e zoom.