Conectar a un kit de vehículo utilizando o modo de SIM remota
Mediante o modo de SIM remota, un kit para vehículo compatible pode utilizar a
tarxeta SIM do seu teléfono.
Seleccione >
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
.
Para poder activar o modo da SIM remota, cómpre vincular o teléfono e o accesorio.
Inicie a vinculación dende o accesorio de kit para vehículo.
1 Para activar o Bluetooth, seleccione
Bluetooth
>
Activado
.
2 Para activar o modo SIM remoto, seleccione
Modo remoto da SIM
>
Activado
.
3 Active o Bluetooth no accesorio de kit de vehículo.
Conectividade 113
Cando o modo remoto da SIM está activado, na pantalla Inicio amósase
Modo remoto
da SIM
. A conexión á rede sen fíos fica pechada e non se poden usar servizos da
tarxeta SIM nin funcións que requiran cobertura de rede de telefonía móbil.
Para realizar ou recibir chamadas cando se atope en modo SIM remoto, necesitará
dispoñer dun accesorio compatible, como un kit de automóbil, conectado ao
dispositivo.
O dispositivo só permitirá efectuar chamadas de emerxencia neste modo.
Desactivar o modo de SIM remota
Prema a tecla de acendido e seleccione
Saír modo SIM remoto
.