Nokia 603 - Enviar unha foto ou outros contidos mediante Bluetooth

background image

Enviar unha foto ou outros contidos mediante Bluetooth
Pode utilizar o Bluetooth para enviar fotos, vídeos, tarxetas de visita, entradas do

calendario e outros contidos aos dispositivos compatibles dos seus amigos e ao seu

ordenador.

Pode ter varias conexións Bluetooth en uso á vez. Por exemplo, se está conectado a

uns auriculares compatibles, pode enviar tamén ficheiros a outro dispositivo

compatible ao mesmo tempo.

1 Seleccione o elemento, por exemplo, unha foto.
2 Seleccione

>

Enviar

>

Por Bluetooth

.

3 Seleccione o dispositivo ao que desexa conectarse. Se o dispositivo non se

amosa, seleccione

Máis dispositivos

para buscalo. Amosaranse os dispositivos

Bluetooth que se atopan dentro do seu alcance.

4 Se o outro dispositivo necesita un código, escríbao. O código, que pode crear

vostede, debe escribirse nos dous dispositivos. O código nalgúns dispositivos é

fixo. Para obter máis información, consulte a guía de usuario do outro dispositivo.
O código só se usa para a conexión actual.