Nokia 603 - Cambiar o modo USB

background image

Cambiar o modo USB
Para obter os mellores resultados cando copie contido ou sincronice o teléfono cun

ordenador, active o modo USB apropiado cando utilice un cable de datos USB para

efectuar a conexión a diferentes dispositivos.

1 Utilice un cable USB compatible para conectar o teléfono ao seu ordenador.
2 No teléfono, pase o dedo cara a abaixo dende a área de notificación.
3 Seleccione

USB

e escolla entre as seguintes.

Nokia Suite — Permite conectar o teléfono a un ordenador compatible que

dispoña de Nokia Suite instalado. Neste modo, é posible sincronizar o teléfono con

Nokia Suite e empregar outras funcións desa aplicación.

Este modo actívase automaticamente cando abre a aplicación Nokia Suite.

Almac. masiva — Permite conectar o teléfono a un ordenador compatible que non

teña instalado Nokia Suite. O seu teléfono recoñecerase como unha memoria flash

USB. Tamén pode conectar o teléfono a outros dispositivos, como a un equipo

estéreo doméstico ou de automóbil, ao que pode conectar unha unidade USB.

Ao conectarse a un ordenador neste modo, é posible que non poida utilizar algunhas

das aplicacións do teléfono.

Non se pode acceder á tarxeta de memoria e á memoria masiva do seu teléfono desde

outro dispositivo.

Conectividade 115

background image

Transf. multim. — Permite conectar o teléfono a un ordenador compatible que

non teña instalado Nokia Suite. A música protexida mediante xestión de dereitos

dixitais (DRM) debe transferirse neste modo. Algúns sistemas de lecer e impresoras

domésticos tamén se poden utilizar neste modo.

Usar tel. como módem — Permite conectar o teléfono a un ordenador compatible

e empregalo como módem sen fíos. O ordenador conectarase á Internet

automaticamente.