Conexións de VPN
Seleccione >
Axustes
e
Conectividade
>
VPN
.
110 Conectividade
Necesita unha conexión de rede privada virtual (VPN) para, por exemplo, explorar a
intranet da súa empresa ou acceder aos correos electrónicos do seu traballo de xeito
remoto.
As normativas de VPN definen como se cifran os datos e como a súa empresa
autentica o teléfono. Para configurar o cliente VPN, os certificados e as normativas,
póñase en contacto co departamento de informática da súa empresa. Despois de
instalar unha normativa, engádese automaticamente un método de conexión VPN
para un destino da Intranet.
Para obter máis información, busque VPN móbil en www.nokia.com/support.
Importante: A existencia dun certificado reduce considerablemente os riscos
relacionados coas conexións remotas e coa instalación de software. Para beneficiarse
do aumento da seguridade, os certificados deben empregarse correctamente e
deben ser correctos, auténticos ou fiables. Os certificados teñen data de caducidade.
Se están caducados ou non son válidos, comprobe se a data e a hora actuais do
dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre asegurarse de que o
propietario do certificado é fiable e que pertence ao propietario facilitado.