Realizar unha copia de seguridade dos seus contactos nos servizos de Nokia
Se realiza unha copia de seguridade dos seus contactos nos servizos de Nokia, poderá
copiar facilmente os seus contactos nun novo teléfono. Se lle rouban o seu teléfono
ou se dana, aínda poderá acceder á súa lista de contactos en liña.
Seleccione >
Contactos
.
Seleccione
>
Sincroniz. Nokia
>
Sincronizar
.
Se permite a sincronización automática, realizarase unha copia de seguridade
automaticamente de todos os cambios que faga na lista de contactos nos servizos
de Nokia.
Precisa dispoñer dunha conta de Nokia para usar un servizo de Nokia. Pediráselle que
cree unha conta se accede a un servizo de Nokia a través do teléfono.
Se usa Sincronización Nokia para sincronizar automaticamente os contactos, non
sincronice os contactos con outro servizo xa que poderían producirse conflitos.
Sincronización Nokia non está dispoñible se sincronizou contactos en Mail for
Exchange.
52
Contactos