Abrir correo dende a pantalla de inicio
É posible dispoñer de varios widgets de correo na pantalla Inicio, dependendo do seu
teléfono.
Cada widget de correo contén unha caixa do correo que amosa os tres últimos correos
recibidos. Pode abrir os correos directamente dende o widget.
indica que recibiu
un correo novo.
Consello: Para ver máis correos, desprácese cara a abaixo.
Engadir un widget de correo á pantalla de inicio
Na pantalla Inicio, prema prolongadamente unha zona baleira e, a continuación,
seleccione
Engadir widget
e o widget de correo. Se ten máis dunha caixa do correo,
seleccione a que desexa usar.
Consello: Para un widget máis compacto, que amose só o nome da caixa do correo e
cando chegue novo correo, seleccione
Engadir widget
>
Correo, novo
.