Acerca de Exchange ActiveSync
Seleccione >
Correo
e
Nova caixa correo
>
Exchange ActiveSync
.
Gustaríalle dispoñer do correo, os contactos e o calendario a man, tanto se se atopa
sentado diante do seu ordenador como dende calquera lugar co seu teléfono? Pode
sincronizar os contidos importantes entre o teléfono e un servidor Mail for Exchange.
58
Correo
Mail for Exchange só se pode configurar se a súa empresa dispón de un servidor
Microsoft Exchange. Ademais, o administrador de TI da súa empresa deberá activar
Microsoft Exchange ActiveSync para a súa conta.
Este dispositivo é capaz de comunicarse con servidores compatibles con Microsoft
Exchange ActiveSync. A entrega deste dispositivo non lle garante, e non recibirá
ningún dereito conforme a ningunha propiedade intelectual de Microsoft relacionada
con ningún software ou dispositivo de servidor ao que se acceda mediante este
dispositivo ou respecto ao uso de Microsoft Exchange ActiveSync aparte deste
dispositivo.
Antes de instalar Mail for Exchange, asegúrese de que dispón do seguinte:
•
Un enderezo de correo corporativo
•
O nome de servidor de Exchange (póñase en contacto co departamento de TI da
empresa)
•
O nome de dominio de rede (póñase en contacto co departamento de TI da
empresa)
•
O contrasinal da rede da oficina
Dependendo da configuración do servidor de Exchange, pode necesitar introducir
outra información adicional. Se non sabe a información correcta, póñase en contacto
co departamento de TI da empresa.
Con Mail for Exchange, é posible que o uso do código de bloqueo do teléfono sexa
obrigatorio.
A sincronización realizarase automaticamente nos intervalos definidos ao configurar
a conta de Mail for Exchange. Só se sincronizarán os contidos definidos ao configurar
a conta. Para sincronizar máis contidos, modifique os axustes de Mail for Exchange.