Engadir unha caixa de correo
Usa máis dun enderezo de correo? Pode ter varias caixas do correo no teléfono. O
correo é un servizo de rede.
Seleccione >
Correo
.
Cando abre a aplicación Correo por primeira vez, o teléfono solicítalle que cree unha
caixa do correo. Se acepta, siga as instrucións que se amosan no teléfono.
Se desexa usar o seu correo de traballo co teléfono, configure o correo con Exchange
ActiveSync. Para a configuración, necesita o nome do Microsoft Exchange Server e o
dominio da rede. Para obter máis información, póñase en contacto co administrador
de Mail for Exchange.
Correo
59
Engadir unha caixa de correo posteriormente
Tamén pode crear a caixa do correo máis tarde. Seleccione
Correo
>
Nova caixa
correo
e, a continuación, siga as instrucións que se amosan no teléfono.
Consello: Se engade un widget de correo á pantalla Inicio, poderá acceder facilmente
ao seu correo dende a pantalla Inicio.
Eliminar unha caixa de correo
Prema prolongadamente a caixa do correo e, a continuación, seleccione
Eliminar
caixa do correo
.