Seguridade da batería
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería. Para desconectar un cargador ou un
accesorio, suxeite e tire da caravilla, non do cable.
Cando non utilice o cargador, desconécteo da toma de corrente e do dispositivo. Non deixe unha batería completamente
cargada conectada a un cargador, xa que o exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan, as baterías
cargadas perden a súa carga co paso do tempo.
Intente manter sempre a batería a unha temperatura comprendida entre os 15°C e os 25°C. A exposición da batería a
temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da mesma. É posible que o dispositivo non funcione temporalmente
se a batería está fría ou quente.
É posible que se produzan curtocircuítos accidentais se un obxecto metálico entra en contacto coas tiras metálicas da
batería, por exemplo, se transporta unha batería de reposto no seu peto. Os curtocircuítos poden danar a batería ou o
obxecto que realiza o contacto.
Non bote as baterías ao lume, xa que poderían explotar. Respecte as normativas locais no momento de desfacerse das
baterías. Recicle as baterías cando sexa posible. Non as deposite en lugares destinados aos residuos domésticos.
Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, perfore nin triture as pilas nin as baterías. Se unha batería presenta fugas,
evite que o líquido da batería entre en contacto coa pel ou os ollos. Se isto sucede, lave inmediatamente as zonas afectadas
con auga ou acuda a un médico.
Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos estraños na batería, nin a expoña ou somerxa en auga ou outros
líquidos. As baterías poden explotar se están danadas.
Utilice a batería e o cargador unicamente para o uso para o que foron deseñados. O uso non axeitado ou o uso de baterías
non homologadas ou cargadores non compatibles pode implicar un risco de incendio, explosión ou outros perigos, e podería
invalidar a autorización de uso ou a garantía. Se cre que a batería ou o cargador poden estar danados, envíeos a un centro
de servizo técnico para revisalos antes de continuar utilizándoos. Nunca utilice cargadores nin baterías danadas. Utilice o
cargador unicamente en lugares interiores.