Consellos e ofertas
Para axudar a tirar o máximo proveito do teléfono e dos servizos, recibirá mensaxes de texto personalizadas gratuítas de
Nokia. As mensaxes conteñen consellos, trucos e asistencia técnica.
Para deixar de recibir as mensaxes, seleccione
>
Consellos e ofertas
>
Subscricións
>
Información persoal
>
Enviarme
Consellos e Ofertas
>
Non
.
Para fornecer o servizo descrito anteriormente, envíase o seu número de teléfono móbil, o número de serie do teléfono e
algúns identificadores da subscrición móbil a Nokia cando se utiliza o teléfono por primeira vez. É posible que parte de ou
toda a información tamén se envíe a Nokia ao actualizar o software. É posible que se utilice esta información do xeito
especificado na política de privacidade que se atopa dispoñible na páxina www.nokia.com.