Entorno operativo
Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a radiofrecuencia cando se emprega na posición normal de uso no
oído ou cando se coloca polo menos a unha distancia de 2,2 centímetros (7/8 polgadas) do corpo. Se se utiliza unha funda
de transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte para utilizar o produto pegado ao corpo, estes non deberán conter
ningunha peza de metal e deberá colocar o dispositivo á distancia indicada anteriormente.
Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre dispoñer dunha conexión de calidade á rede. É posible que o envío de
ficheiros de datos ou mensaxes se retrase ata que se atope dispoñible a mencionada conexión. Respecte as instrucións
sobre a distancia de separación ata completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible que os materiais metálicos sexan atraídos polo dispositivo. Non
coloque tarxetas de crédito nin outros soportes de almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é posible que se
elimine a información almacenada neles.