Protexa o seu dispositivo de contidos daniños
É posible que o dispositivo estea exposto a virus e demais contido daniño. Tome as seguintes precaucións:
•
Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que conteñan software nocivo ou daniño para o dispositivo
ou o ordenador.
•
Teña precaución ao aceptar solicitudes de conectividade, ao navegar pola Internet ou ao descargar contido. Non
acepte conexións Bluetooth de fontes non fiables.
•
Utilice e instale unicamente servizos e software de fontes fiables e que ofrezan seguridade e protección axeitada.
•
Instale programas antivirus e demais software de seguridade no dispositivo e nos ordenadores conectados. Utilice
unicamente unha aplicación antivirus ao mesmo tempo. A utilización de máis aplicacións pode afectar ao rendemento
e funcionamento do dispositivo e/ou ordenador.
•
Se accede a ligazóns e favoritos preinstalados para sitios da Internet de terceiros, tome as precaucións
correspondentes. Nokia non acepta nin asume ningún tipo de responsabilidade con relación a estes sitios.