Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos sistemas electrónicos incorrectamente instalados ou protexidos dos
vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección de combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de velocidade
electrónicos e os sistemas de airbag. Para obter máis información, consulte co fabricante do vehículo ou do equipo.
O dispositivo só deberá ser instalado nun vehículo por parte de persoal cualificado. Unha instalación ou reparación
defectuosa pode resultar perigosa e pode invalidar a súa garantía. Comprobe regularmente que todos os dispositivos sen
fíos do vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non almacene nin transporte líquidos inflamables, gases ou
materiais explosivos no mesmo compartimento que o dispositivo, os seus compoñentes ou accesorios. Recorde que os
airbag despréganse con gran forza. Non coloque o dispositivo nin accesorios na zona onde se desprega o airbag.