
Copiar contactos ou fotos do teléfono anterior
Desexa copiar información importante do anterior teléfono Nokia e comezar a utilizar
o novo teléfono rapidamente? Utilice a aplicación Cambio de datos para copiar, por
exemplo, contactos, entradas de calendario e fotos ao novo teléfono de xeito
gratuíto.
O seu teléfono antigo debe ser compatible con Bluetooth.
1 Seleccione >
Axustes
>
Conectividade
>
Transferencia datos
>
Cambio de
datos
.
2 Seleccione o teléfono anterior da lista e, a continuación, vincúleos. Cómpre que
o Bluetooth estea activado en ambos os dous teléfonos.
3 Se o outro teléfono necesita un código, escríbao nos dous teléfonos.
O código só é válido para a conexión actual e pode definilo vostede. O código
nalgúns teléfonos é fixo. Para obter detalles, consulte a guía do usuario do outro
teléfono.
4 Seleccione o que desexa copiar e, a continuación, seleccione
Aceptar
.
14
Introdución

Se o seu antigo teléfono Nokia non ten a aplicación Cambio de datos, o novo teléfono
envíaa nunha mensaxe mediante Bluetooth. Para instalar a aplicación, abra a mensaxe
no seu teléfono antigo e, a continuación, siga as instrucións que se amosan no
teléfono.
Consello: Pode usar a aplicación Cambio de datos para copiar contido doutros
teléfonos máis tarde.