Inserir unha tarxeta de memoria
As tarxetas de memoria están dispoñibles por separado.
Utilice unicamente tarxetas microSD e microSDHC compatibles autorizadas por Nokia
para utilizar co dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na
tarxeta e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
1 Coloque a uña do dedo no oco situado no bordo dereito da tapa posterior e
levante a tapa.
8
Introdución
2 Asegúrese de que a zona de contacto da tarxeta de memoria se atope orientada
cara abaixo e insira a tarxeta. Empuxe a tarxeta cara a dentro ata que encaixe.
3 Coloque de novo a tapa posterior.
Extraccin da tarxeta de memoria
1 Empuxe a tarxeta cara a dentro ata que se libere.
2 Retire a tarxeta.
Introdución
9
Importante: Non retire a tarxeta de memoria mentres estea sendo utilizada por
unha aplicación. Podería producir danos na tarxeta de memoria e no dispositivo e
danar os datos almacenados na tarxeta.