Sincronizar música entre o teléfono e un ordenador
Dispón de música no PC que desexe escoitar no seu teléfono? Nokia Suite é o xeito
máis rápido de copiar música no seu teléfono, e pode usalo para xestionar e
sincronizar a súa colección de música.
1 Conecte o teléfono a un ordenador compatible cun cable USB compatible.
2 No teléfono, pase o dedo cara a abaixo dende a área de notificación e, a
continuación, seleccione
USB
>
Nokia Suite
.
3 No ordenador, abra Nokia Suite. Asegúrese de que ten a versión máis recente de
Nokia Suite.
Lecer
91
4 Arrastre e solte a súa música no teléfono. Para obter máis información, consulte
a axuda de Nokia Suite.
5 En Reprodutor música, seleccione
>
Discoteca
>
Actualizar
.
Descargue a última versión de Nokia Suite da páxina www.nokia.com/support.
É posible que algúns ficheiros de música estean protexidos pola xestión de dereitos
dixitais (DRM); neste caso, non se poderán reproducir en máis dun dispositivo.