Acerca do reprodutor DLNA
Seleccione >
Repr. DLNA
.
Gustaríalle ver fotos ou vídeos do seu teléfono noutro dispositivo, como no seu
televisor? Ou escoitar a música do seu teléfono a través do equipo estéreo
doméstico? Con Repr. DLNA, pode transmitir o seu contido multimedia aos
dispositivos DLNA sen fíos.
Precisa os seguintes elementos:
•
Unha rede Wi-Fi. Para obter os mellores resultados, o enrutador sen fíos debe
conectarse ao seu dispositivo DLNA mediante unha conexión de cable.
•
Conectividade Wi-Fi activada no teléfono, e este debe estar conectado á mesma
rede Wi-Fi na que se atopa o seu dispositivo DLNA.
Existen distintos tipos de dispositivos DLNA. Se pode conectarse ao dispositivo desde
o seu teléfono e pode controlar o fluxo, significa que o dispositivo é un renderizador.
Se pode ver o ficheiro multimedia do teléfono desde o seu dispositivo, significa que
o dispositivo é un reprodutor. Para obter máis información acerca do tipo de
dispositivo DLNA do que dispón, tamén pode consultar a guía do usuario do
dispositivo.
Para obter máis información sobre como configurar a conexión Wi-Fi, visite a páxina
www.nokia.com/support.