Nokia 603 - Verbo de Música Nokia

background image

Verbo de Música Nokia

Seleccione >

Música Nokia

.

Con Música Nokia, pode comprar e descargar cancións ao teléfono. Navegue por

Música Nokia e descubra música nova e os seus antigos favoritos.

É posible que este servizo non estea dispoñible en todas as rexións ou países, e hai

diferentes servizos e opcións dispoñibles, en función do seu país de residencia.

Para descargar música, precisa crear unha conta de Nokia gratuíta.

Pode crear unha conta de Nokia, unirse a Música Nokia e iniciar sesión na súa conta

mediante:

O teléfono

Un navegador web compatible

Se xa dispón dunha conta de Nokia, pode utilizala para Música Nokia.

Se dispón de créditos ou descargas, ou se subscribiu á descarga ilimitada coa súa

conta Nokia, non peche dita conta. Se o fai, perderanse todos estes elementos.

Todos os dereitos de propiedade intelectual e os demais dereitos das cancións

pertencen e están expresamente reservados a terceiras partes outorgantes de

licenza, como o selo discográfico, artista, autor, compositor ou editor

correspondentes. Só terá dereito a utilizar música descargada de Música Nokia de

acordo coas restricións de uso que se aplican a esa canción en particular tal e como

se establece en "Dereitos" nas páxinas dos produtos de Música Nokia. A música

mercada doutras fontes deberá utilizarse de acordo cos termos establecidos en dita

compra. Vostede é o responsable do cumprimento dos dereitos de propiedade

intelectual e outros dereitos aplicables relacionados coa música que utiliza.