Nokia 603 - Acerca dos métodos de posicionamento

background image

Acerca dos métodos de posicionamento
Mapas amosa a súa situación no mapa a través de conexións GPS, A-GPS, Wi-Fi ou

posicionamento baseado na rede (ID de cela).

A-GPS e outros complementos ao GPS poden requirir a transferencia de pequenos

volumes de datos pola rede móbil.

GPS

O sistema de posicionamento global (GPS) é un sistema de

navegación que usa satélites para determinar onde se atopa.

A-GPS

O servizo de rede A-GPS (GPS asistido) recupera información de

localización utilizando a rede móbil e axuda ao GPS a calcular a

súa localización actual.

O teléfono está configurado para utilizar o servizo A-GPS de

Nokia, a menos que o seu fornecedor de servizos de redes teña

seus propios axustes de A-GPS. Para obter datos de axuda para

o teléfono, ten que poder conectarse á Internet. O teléfono obtén

os datos do servizo só cando é necesario.

Wi-Fi

O posicionamento Wi-Fi mellora a precisión do posicionamento

cando os sinais de GPS non se atopan dispoñibles, en especial

cando se atopa en lugares interiores ou entre edificios grandes.

ID de cela

Co posicionamento baseado na rede (ID de cela), Mapas o localiza

a través do sistema celular ao que estea conectado o teléfono

nese momento.

A dispoñibilidade e a calidade dos sinais de GPS pode verse afectada pola súa

localización, polas posicións do satélite, polos edificios, polos obstáculos naturais,

polas condicións meteorolóxicas e os axustes nos satélites GPS efectuados polo

goberno dos Estados Unidos. É posible que os sinais de GPS non estean dispoñibles

no interior de edificios ou en pasos subterráneos.

72

Mapas

background image

Non utilice o GPS para a medición dunha situación precisa e non debe depender só

dos datos de situación fornecidos polo GPS nin polas redes móbiles.

Segundo os métodos de posicionamento dispoñibles, a exactitude da posición pode

variar dende uns metros ata varios quilómetros.