Trazar un itinerario utilizando o transporte público
Organizar a súa viaxe utilizando tranvías, trens e buses pode resultar difícil. Por que
non deixa ao seu teléfono levar a cabo a planificación?
1 Seleccione >
Transporte público
.
2 Seleccione
Planificador de ruta
.
3 Se non desexa iniciar a viaxe dende onde se atopa nestes intres, escriba o seu
punto de partida na caixa
Desde
e, a continuación, seleccione un dos resultados.
4 Escriba o seu destino na caixa
A
e, a continuación, seleccione un dos resultados.
5 Para ver viaxes anteriores ou posteriores, arrastre a pantalla cara á esquerda ou
á dereita. Manteña o dedo no seu lugar ata que se calculen as viaxes.
6 Para ver unha viaxe detalladamente, selecciónea.
Consello: Na vista dos detalles da viaxe, para ver a viaxe seguinte ou anterior, pase
o dedo cara á esquerda ou á dereita.
Consello: Precisa axuda para camiñar ata a parada do bus? Para ver a parada en
Mapas, na vista de detalles da viaxe, seleccione a sección a pé da viaxe.
Se os datos do mapa necesarios non se atopan almacenados no seu teléfono e ten
unha conexión de datos activa á Internet, descargarase automaticamente un mapa
da zona.
Mapas
67
Desexa partir máis tarde durante o día? Pode establecer a hora á que desexa iniciar
a viaxe ou á que desexa chegar.
Cambiar a hora da viaxe
Seleccione e, a continuación, seleccione
Saída
ou
Chegada
.
As rutas de transporte público atópanse dispoñibles para determinadas rexións do
mundo.
Nalgunhas áreas, non se atopan dispoñibles os horarios, e os plans de viaxe son
unicamente estimacións. Nestas áreas non se poden ver as viaxes anteriores ou
posteriores nin cambiar a hora das viaxes.
O servizo Transporte público é gratuíto.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.