Engadir un widget á pantalla de inicio
Interésalle saber o tempo ou as noticias de hoxe? É posible engadir miniaplicacións
(widgets) á pantalla Inicio e ver, con só botar unha ollada, a información máis
interesante.
Manteña premida unha área baleira da pantalla Inicio e, no menú emerxente,
seleccione
Engadir widget
e un widget.
Un widget pode mellorar a aplicación relacionada e tamén cambiar o modo en que
funciona a aplicación.
Consello: Pode descargar máis widgets do Bazar de Nokia.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
É posible que algúns widgets da pantalla Inicio se conecten á Internet
automaticamente. Para evitar isto, peche a conexión de datos móbil. Pase o dedo
cara a abaixo desde a área de notificación e seleccione .
Eliminar un widget da pantalla de inicio
Prema prolongadamente un widget e seleccione .
Personalización e Bazar de Nokia
35