Utilizar o teléfono fóra de liña
Nos lugares onde non queira realizar nin recibir chamadas, aínda pode acceder á
música, vídeos e xogos fóra de liña se cambia ao perfil de fóra de liña.
Prema a tecla de acendido
e, a continuación, seleccione
Activar modo fóra de
liña
.
Ao activar o perfil de fóra de liña, a conexión coa rede móbil péchase. Impídese o envío
e recepción de todos os sinais de radiofrecuencia entre o teléfono e a rede móbil. Se
32
Personalización e Bazar de Nokia
intenta enviar unha mensaxe, colócase na carpeta de Caixa de saída e soamente se
envía cando cambia a outro perfil.
Tamén pode utilizar o seu teléfono sen unha SIM. Apague o teléfono e retire a SIM.
Cando o volva acender, o perfil de fóra de liña estará activado.
Importante: No perfil Desconectado, non é posible efectuar nin recibir chamadas,
nin utilizar outras funcións que requiran o uso de cobertura de rede móbil. Poderá
efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial programado no seu dispositivo.
Para realizar chamadas, primeiro cómpre cambiar a outro perfil.
Cando o perfil de fóra de liña estea activado, aínda poderá conectarse a unha rede
Wi-Fi, por exemplo, para ler o seu correo electrónico ou navegar pola Internet. Tamén
poderá utilizar o Bluetooth.
Se NFC está activado, tamén está activado o perfil de fóra de liña. Para desactivar
NFC, seleccione >
Axustes
e
Conectividade
>
NFC
e, a continuación, cambie
NFC
a
Desactivado
.
Apague o teléfono cando non se permita o uso do teléfono móbil ou cando poida
provocar interferencias ou resulte perigoso. Non esqueza respectar todos os
requirimentos de seguridade aplicables.