Nokia 603 - Verbo de perfís

background image

Verbo de perfís

Seleccione >

Axustes

>

Perfís

.

Espera unha chamada pero non pode deixar que soe o teléfono? O seu teléfono

dispón de varios grupos de configuracións chamados perfís, que poden

personalizarse para diferentes eventos e contornos. Tamén pode crear os seus

propios perfís.

Pode personalizar os perfís das seguintes formas:

Cambie os tons de chamada e os tons de aviso de mensaxes.

Cambie o volume dos tons de chamada e das teclas.

Silencie os tons das teclas e os das notificacións.

Active alertas por vibración.

Axustando o teléfono para dicir o nome do contacto que está a chamar.

Consello: Quere acceder rapidamente aos perfís? Engada un perfil á pantalla Inicio.