Acerca de Social
Seleccione >
Social
e, a continuación, inicie sesión nos servizos de rede social
que utilice.
Pode mellorar a súa experiencia con redes sociais coa aplicación Social. Cando inicie
sesión en servizos de redes sociais coa aplicación Social, pode facer o seguinte:
•
Ver as actualizacións de estado dos seus amigos desde múltiples servizos nunha
única vista
•
Publicar a súa actualización de estado en múltiples servizos ao mesmo tempo
•
Compartir fotos tomadas coa cámara
•
Compartir vídeos gravados por vostede co seu teléfono
•
Ligar os perfís dos amigos en liña coa súa información de contactos no teléfono
•
Engadir eventos ao servizo de calendario do seu teléfono
Só están dispoñibles as funcións compatibles co servizo de rede social.
Para utilizar servizos de redes sociais, cómpre dispoñer de soporte de rede. Isto pode
implicar a transmisión de grandes cantidades de datos e a aplicación de tarifas de
tráfico de datos relacionadas. Se desexa obter información verbo das tarifas de
transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede.
Os servizos de redes sociais son servizos de terceiros e non están fornecidos por
Nokia. Comprobe os axustes de privacidade do servizo de rede social que está a
utilizar, xa que é posible que comparta información cun grupo grande de persoas. Os
termos de uso do servizo de rede social aplícanse ao compartir información nese
servizo. Revise os termos de uso e a política de privacidade dese servizo.