Realización de conferencias
O dispositivo admite conferencias entre un máximo de seis persoas, incluíndose
vostede. As conferencias son un servizo de rede.
Non se admiten as chamadas de videoconferencia.
1 Faga unha chamada á primeira persoa.
2 Para facer unha chamada a outra persoa, seleccione . Escriba o número de
teléfono ou ben, para buscar un contacto, seleccione . A primeira chamada
ponse en espera.
3 Cando respondan á nova chamada, seleccione
>
Conferencia
.
Engadir outra persoa a unha conferencia
Chame á persoa e seleccione .
Manter unha conversa privada cunha persoa nunha conferencia
Seleccione
>
Amosar participantes
. Desprácese ata a persoa e seleccione . A
conferencia ponse en espera no teléfono. As outras persoas poden continuar a
conferencia.
Para volver á conferencia, seleccione
>
Conferencia
. Ou, se hai máis de tres
persoas na chamada, seleccione .
Excluír a alguén dunha conferencia iniciada por vostede
Seleccione
>
Amosar participantes
. Diríxase á persoa e seleccione .
Finalización dunha conferencia activa
Prema a tecla rematar.
42
Teléfono