Formatar a memoria masiva
Desexa eliminar todo o contido da memoria masiva do seu teléfono? Pode formatar
a memoria masiva.
Realice unha copia de seguridade de todo o contido que desexe gardar antes de
formatar a memoria masiva. Todo o seu contido eliminaranse permanentemente.
1 Seleccione >
Ficheiros
.
2 Prema prolongadamente a memoria masiva e, a continuación, seleccione
Formatar
.
Non formate a memoria masiva mediante o software do ordenador, xa que pode
producirse un funcionamento deficiente.
Pode utilizar Nokia Suite para facer unha copia de seguridade do contido nun
ordenador compatible. É posible que as tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais
(DRM) impidan que se restaure o contido da copia de seguridade. Para obter máis
información sobre a tecnoloxía DRM utilizada co contido, póñase en contacto co
provedor de servizos.